10/07/2026
A nosa compañeira Adriana Páramo atópase estes días na Universidade de Exeter na conferencia HoMER 2026 'Cinema Communities, Community Cinemas', falando do rol do Galician Film Forum, e da súa curta Galicia. Portobello Road (2015), na creación da identidade cultural galega fóra das nosas fronteiras. Nas súas propias palabras 'O GFF non só leva películas galegas ao UK senón que funciona como un espazo de comunidade e identidade transcultural e móbil'. Ademais tamén destacou o papel do GFF na creación da sección galega no London Spanish Film Festival no 2023, e o apoio de AGADIC , que fai que este tipo de accións teñan continuidade no tempo.