Mares Da Fin Do Mundo

Mares Da Fin Do Mundo Mostra Internacional de Cinema Documental, centrada no mar e na pesca sostible.

🌊📽️ Onte, no Auditorio de Rianxo, demos comezo á IX edición da 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨...
15/10/2026

🌊📽️ Onte, no Auditorio de Rianxo, demos comezo á IX edición da 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 coa proxección dos filmes das 𝐒𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐈𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 e 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐢𝐥.
🎩 Xa pola tarde, celebrouse o acto oficial de inauguración no que estiveron presentes 𝐉𝐮𝐥𝐢𝐚́𝐧 𝐁𝐮𝐬𝐭𝐞𝐥𝐨, alcalde de Rianxo, e 𝐌𝐚𝐫𝐜𝐨𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐥𝐞𝐠𝐨, director da Mostra. Coincidindo coa inauguración da edición recordamos a participación da Mostra na campaña da 𝐂𝐨𝐦𝐢𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐄𝐮𝐫𝐨𝐩𝐞𝐚, celebrando o 𝐃𝛊́𝐚 𝐌𝐚𝐫𝛊́𝐭𝐢𝐦𝐨 𝐄𝐮𝐫𝐨𝐩𝐞𝐨 e reivindicando a importancia dos océanos, dos mares e do patrimonio marítimo.
🎨 Nesta xornada tamén estivo presente a artista Catharina Kuijper, autora da exposición de pintura que podedes visitar estes días.
🎬Tralas intervencións das autoridades, demos paso ao cinema coa proxección de 𝑭𝒐𝒎𝒐𝒔 𝑭𝒊𝒄𝒂𝒏𝒅𝒐 𝑺𝒐́𝒔 (2025), a primeira longametraxe do cineasta e videoartista 𝐀𝐝𝐫𝐢𝐚́𝐧 𝐂𝐚𝐧𝐨𝐮𝐫𝐚. Unha obra profundamente ligada a Rianxo e á poesía de Manuel Antonio, pois debe o seu título a un dos poemas da súa obra 𝐷𝑒 𝑐𝑎𝑡𝑟𝑜 𝑎 𝑐𝑎𝑡𝑟𝑜. Un filme que nos achega á soidade e á dureza do traballo no mar. O director presentou a película e, ao seu remate, participou xunto ao produtor 𝐁𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐑𝐨𝐦𝐞𝐫𝐨 nun coloquio co público asistente.
🎬 Pechou a xornada inaugural o primeiro filme da sección 𝐏𝐫𝐨𝐚, 𝑨𝒖𝒔𝒕𝒓𝒂𝒍 (2022), de 𝐁𝐞𝐧𝐣𝐚𝐦𝐢𝐧 𝐂𝐨𝐥𝐚𝐮𝐱. Un filme que nos trasladou á Patagonia chilena e ás historias de tres homes e das súas familias, cuxas vidas están ligadas ao perigoso mar da zona austral de Chile.
🔵 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 é posible grazas ao apoio económico da 𝐃𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚 e do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐑𝐢𝐚𝐧𝐱𝐨.
➡️ A Mostra continúa hoxe. Agardamos contar convosco!
|

📸Manuel Iglesias

Concello de Rianxo Cultura Rianxo Adrián Canoura Austral EU Maritime & Fish Comisión Europea en España

🌊🗒️ [GL] Xa podedes descargar o programa da 𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨.🎬 Nel atoparedes cinema de competición, prop...
12/10/2026

🌊🗒️ [GL] Xa podedes descargar o programa da 𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨.
🎬 Nel atoparedes cinema de competición, propostas de vangarda, cinema galego, sesión para o público infantil e xuvenil, cinema de arquivo e numerosas actividades paralelas que nos permitirán coñecer de preto difererentes realidades ligadas ao mar.
✨ Lembrade facer as vosas reservas. Vémonos do 14 ao 18 de outubro en Rianxo!
‌
🌊🗒️ [EN] You can now download the programme for the 𝐈𝐗 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫𝐲 𝐅𝐢𝐥𝐦 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥.
🎬It includes films in competition, avant-garde films, Galician cinema, sessions for children and young audiences, archival films, and a wide range of parallel activities that will allow us to discover different realities connected to the sea up close.
✨ Don’t forget to make your reservations. See you in Rianxo from October 14 to 18!
‌
|

Toda a información sobre os filmes da Competición Oficial, Proxeccións Especiais e Actividades Paralelas de MDFDM 2026 estará dispoñible proximamente.

🌊📝[GL] Xa está dispoñible a programación completa da 𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨....
11/10/2026

🌊📝[GL] Xa está dispoñible a programación completa da 𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨.
🎫 Lembramos tamén que xa podedes realizar as inscricións para todas as sesións de proxeccións e actividades paralelas a través da nosa web www.maresdafindomundo.gal
✨ Agardámosvos!
‌
🌊📝 [EN] The full programme of the 𝐈𝐗 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫𝐲 𝐅𝐢𝐥𝐦 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥 is now available.
🎫 Registration for different screenings and activities is already open through our website www.maresdafindomundo.gal
✨ We look forward to seeing you!
‌
|

10/10/2026

🌊📽️ O cinema documental chega a Rianxo! Xa podedes ver o vídeo promocional da 𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨!

▶️ Arrincamos unha nova edición con 40 filmes e un amplo programa de actividades paralelas que, un ano máis, nos permitirán mirar o mar dende diferentes perspectivas, coñecer as súas historias e as dos territorios e das persoas que viven del.

🎬 Cinema e mar danse a man en Rianxo nunha programación que, hoxe, máis que nunca, está pensada para todos os públicos, na que o medio ambiente mariño, a pesca sostible e as comunidades costeiras volverán ser protagonistas.

🎫 As inscricións xa están abertas a través da nosa web, onde podedes consultar toda a programación e a información sobre as sesións e actividades.

📅 Do 14 ao 18 de outubro, temos unha cita en Rianxo. Agardámosvos!

|



🎥 Raquel Enríquez @‌electroconas

🎼 María Caramés @‌meriwlson

Reservas en: https://maresdafindomundo.gal/galego-reserva-actividades-formulario-2026

🌊📝 Xa non queda nada para dar comezo á  𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨!🎙️Hoxe, no Au...
09/10/2026

🌊📝 Xa non queda nada para dar comezo á 𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨!
🎙️Hoxe, no Auditorio de Rianxo, comezamos a conta atrás cara a esta novena edición coa rolda de prensa de presentación, na que estiveron presentes a segunda tenente de alcaldesa, 𝐀𝐧𝐚 𝐕𝐢𝐝𝐚𝐥 𝐅𝐮𝐧𝐠𝐮𝐞𝐢𝐫𝐢𝐧̃𝐨; a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís pola provincia da Coruña, 𝐒𝐨𝐥𝐞𝐝𝐚𝐝 𝐀𝐠𝐫𝐚 𝐓𝐮𝐧̃𝐚𝐬, e o director da Mostra, 𝐌𝐚𝐫𝐜𝐨𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐥𝐞𝐠𝐨.
🌍 Unha edición na que a cultura rianxeira e o modo de vida desta vila estarán moi presentes, tamén a través dos dous filmes que abren e pechan a programación. A inauguración correrá a cargo de 𝑭𝒐𝒎𝒐𝒔 𝑭𝒊𝒄𝒂𝒏𝒅𝒐 𝑺𝒐́𝒔, de 𝐀𝐝𝐫𝐢𝐚́𝐧 𝐂𝐚𝐧𝐨𝐮𝐫𝐚, unha obra profundamente vinculada a Rianxo e á poesía de Manuel Antonio. E será 𝑭𝒊𝒍𝒍𝒐𝒔 𝒅𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒃𝒂𝒕𝒆𝒂, de 𝐀𝐥𝐞𝐣𝐚𝐧𝐝𝐫𝐚 𝐓𝐮𝐛𝐢𝐨 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨, a encargada de poñer o punto final a esta edición, cunha mirada ao cultivo do mexillón como parte de identidade propia da vila.
🎬 Será tamén a edición na que a presenza de directoras destaque máis ca nunca, tanto na competición como nas diferentes seccións da 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚.
👧👦E apostamos por seguir achegando o cinema ao público novo. Á xa consolidada 𝐒𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐈𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 súmase este ano a 𝐒𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐢𝐥, mentres que continuamos cunhas das actividades que máis nos gusta: o 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐦𝐨́𝐛𝐢𝐥𝐞𝐬.
🎫 Con case todo preparado, soamente nos faltades vós, e para iso abrimos xa as inscricións na nosa web, na que atoparedes toda a información sobre horarios das sesións de proxección de filmes e actividades.
✨ Agardámosvos en Rianxo do 14 ao 18 de outubro!
|


Cultura da Deputación da Coruña
Concello de Rianxo Cultura Rianxo Xuventude Rianxo

🌊📱 O 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐌𝐨́𝐛𝐢𝐥𝐞𝐬 achegará o cinema documental á xente moza do 12 ao 18 de outubro.🟢 Trátase dunha a...
07/10/2026

🌊📱 O 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐌𝐨́𝐛𝐢𝐥𝐞𝐬 achegará o cinema documental á xente moza do 12 ao 18 de outubro.
🟢 Trátase dunha actividade centrada na formación de novos públicos que pretende que o alumnado entre en contacto coa cinematografía e co tratamento narrativo no que o entorno patrimonial, social e ambiental terán un lugar fundamental. Empregando como ferramenta principal os dispositivos móbiles, achegarémonos ao cinema e sacaremos o máximo potencial a estes obxectos cotiás na creación de obras audiovisuais.
⚪A formación abranguerá aspectos tan diversos como o proceso de confección do guión e escaleta, a proposta narrativa, a gravación de vídeo e son e a edición e posprodución dos mesmos.
🟢 A actividade estará dirixida por 𝐌𝐚𝐫𝐜𝐨𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐥𝐞𝐠𝐨 e contará con 𝐄𝐯𝐚 𝐋𝐨𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨, como docente principal, e con 𝐀𝐥𝐛𝐚 𝐏𝐞𝐠𝐨, como docente auxiliar.
🎓 Durante a cerimonia de clausura, proxectarase o traballo desenvolvido durante o obradoiro e farase entrega dos diplomas ao alumnado.
ℹ️ En breve poderedes facer as vosas incricións a través da nosa web: www.maresdafindomundo.gal.
📅 Do 12 ao 18 de decembro
🕛 16:00-20:00 h
📍Auditorio de Rianxo
‌
|

🌊📖 A presentación de 𝑼𝒏 𝒎𝒂𝒓 𝒅𝒆 𝒄𝒖𝒓𝒊𝒐𝒔𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆𝒔, segundo libro do biólogo mariño 𝐉𝐚𝐯𝐢𝐞𝐫 𝐆. 𝐆𝐚𝐥𝐝𝐨, formará parte da programac...
05/10/2026

🌊📖 A presentación de 𝑼𝒏 𝒎𝒂𝒓 𝒅𝒆 𝒄𝒖𝒓𝒊𝒐𝒔𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆𝒔, segundo libro do biólogo mariño 𝐉𝐚𝐯𝐢𝐞𝐫 𝐆. 𝐆𝐚𝐥𝐝𝐨, formará parte da programación das actividades paralelas desta edición.
🟢 Cunha traxectoria profesional de máis de 25 anos ligada á pesca e ao marisqueo sostible, 𝐉𝐚𝐯𝐢𝐞𝐫 𝐆. 𝐆𝐚𝐥𝐝𝐨 leva tamén anos achegando o mar ao público como divulgador científico en redes sociais e medios de comunicación. Colaborador habitual da 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚, nesta ocasión achéganos a unha obra na que o mar, os seus habitantes e os misterios que os rodean son os verdadeiros protagonistas.
⚪ 𝑼𝒏 𝒎𝒂𝒓 𝒅𝒆 𝒄𝒖𝒓𝒊𝒐𝒔𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆𝒔 é unha viaxe por historias, misterios, fauna e segredos do mundo mariño, contados desde o coñecemento científico, pero tamén desde a curiosidade e a imaxinación. Unha obra pensada para todos os públicos que nos achega ao mar de xeito claro e ameno.
‌
📅 Domingo 18 de outubro
🕛 13:00
📍Salón de Actos, Auditorio de Rianxo
|

🌊🐟 Baixo o título 𝑹𝒆𝒔𝒕𝒂𝒖𝒓𝒂𝒏𝒅𝒐 𝒐 𝒎𝒂𝒓: 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒓𝒐𝒎𝒊𝒔𝒐 𝒂𝒛𝒖𝒍 chega a mesa de debate sobre pesca sostible desta edición.🟢 O 𝑫𝒆𝒄𝒆𝒏...
04/10/2026

🌊🐟 Baixo o título 𝑹𝒆𝒔𝒕𝒂𝒖𝒓𝒂𝒏𝒅𝒐 𝒐 𝒎𝒂𝒓: 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒓𝒐𝒎𝒊𝒔𝒐 𝒂𝒛𝒖𝒍 chega a mesa de debate sobre pesca sostible desta edición.
🟢 O 𝑫𝒆𝒄𝒆𝒏𝒊𝒐 𝒅𝒂𝒔 𝑵𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏𝒔 𝑼𝒏𝒊𝒅𝒂𝒔 𝒔𝒐𝒃𝒓𝒆 𝒂 𝑹𝒆𝒔𝒕𝒂𝒖𝒓𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒐𝒔 𝑬𝒄𝒐𝒔𝒊𝒔𝒕𝒆𝒎𝒂𝒔 (2021-2030) é o chamamento global da ONU para a protección e recuperación dos hábitats naturais do planeta. Baixo as premisas de prevención, detención e reversión da degradación estanse levando a cabo numerosas iniciativas, tamén nos medios mariños e oceánicos. Arredor deste tema e das accións que na actualidade se están desenvolvendo en mares e océanos, manterase un debate para analizar o impacto real destas iniciativas.
⚪ A mesa de debate estará moderada por 𝐉𝐚𝐯𝐢𝐞𝐫 𝐆𝐚𝐫𝐜𝛊́𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐝𝐨 (biólogo mariño) e contará coa participación de: 𝐏𝐞𝐝𝐫𝐨 𝐂𝐞𝐧𝐝𝐨́𝐧 (Biólogo da Fundación Amicos), 𝐌𝐚𝐫𝛊́𝐚 𝐂𝐚𝐥𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨 (Fundamar) e 𝐌𝐚𝐧𝐮𝐞𝐥 𝐀. 𝐑𝐞𝐢𝐫𝐢𝐳 (Presidente da Asociación de Percebeiros de Aguiño).
📅 Domingo 18 de outubro
🕛 11:00
📍Salón de Actos, Auditorio de Rianxo
|

🌊🪸 A actividade 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐨𝐬 achegaranos ao traballo da 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐀𝐦𝐢𝐜𝐨𝐬 en pro da recuperación de especies mariñas ...
03/10/2026

🌊🪸 A actividade 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐨𝐬 achegaranos ao traballo da 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐀𝐦𝐢𝐜𝐨𝐬 en pro da recuperación de especies mariñas na Ría de Arousa.
🟢 Ao longo dos anos, 𝐀𝐦𝐢𝐜𝐨𝐬 desenvolveu numerosos proxectos de concienciación, recuperación e conservación ambiental, entre os máis recentes atópase 𝐶𝐴𝐵𝐴𝐿𝐺𝐴 𝐼𝐼, unha iniciativa que traballa na recuperación de ecosistemas mariños vulnerables, como os bosques de laminarias, e que pon en diálogo ciencia, sector pesqueiro e sociedade.
⚪ Para coñecer máis de preto este ambicioso proxecto, contaremos coa participación de persoal da asociación nun faladoiro no que, ademais de coñecer o traballo que están a desenvolver, poderemos ver a curtametraxe 𝑪𝒐𝒊𝒅𝒂𝒅𝒐 𝒅𝒐 𝒎𝒂𝒓𝒆𝒔, cuxa sinopse vos deixamos a continuación.
🎬 𝐒𝐈𝐍𝐎𝐏𝐒𝐄: 𝑪𝒐𝒊𝒅𝒂𝒅𝒐 𝒅𝒐 𝒎𝒂𝒓𝒆𝒔 é unha historia sobre persoas que coidan de persoas e do planeta. A través dos seus protagonistas, a película achéganos a unha maneira diferente de entender a inclusión, na que as persoas con discapacidade se converten en axentes activos na protección e recuperación do medio ambiente.
Entre o mar, a ciencia e o traballo diario, descubrimos accións de conservación e restauración dos ecosistemas mariños que demostran que todas as persoas poden contribuír, aprender e transformar a súa contorna.
Unha historia de inclusión, natureza e compromiso, onde coidar o planeta se converte tamén nunha forma de crear oportunidades e derrubar barreiras.
‌
⏱️ 60'
📅 Xoves, 15 de outubro
📍 Auditorio Municipal de Rianxo
‌
|

🌊⛵ Un ano máis a navegación tradicional volve estar presente na 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 grazas á colaboración con 𝐁𝐥𝐮𝐬𝐜𝐮𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐧𝐞𝐫...
01/10/2026

🌊⛵ Un ano máis a navegación tradicional volve estar presente na 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 grazas á colaboración con 𝐁𝐥𝐮𝐬𝐜𝐮𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐧𝐞𝐫𝐚.
🟢 Do 16 ao 18 de outubro, poderemos g***r dunha actividade que nos achega ao noso patrimonio náutico, á cultura marítima e á beleza paisaxística da 𝐑𝐢́𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐫𝐨𝐮𝐬𝐚.
⚪ Previa reserva, 𝐁𝐥𝐮𝐬𝐜𝐮𝐬 organizará rutas a bordo do balandro 𝑆𝑎𝑛𝑡𝑎 𝐶𝑟𝑢𝑧, unha auténtica xoia da carpintaría de ribeira construída nos anos 80, con capacidade para 10 persoas.
‌*Será preciso un mínimo de 5 persoas por travesía.
⏱️Duración: 2 horas
📅 Venres 16, ás 12:00 h
📅 Sábado 17, ás 12:00 h
📅 Domingo 18, ás 10:00 h e 12:00 h
📍Porto de Rianxo
🎟️ 30,00 € con desgustación a bordo
‌
➡️Máis información e reservas: ✉️ [email protected] | 📞657635999
|

Dirección

Auditorio Municipal De Rianxo
Ribeira
15920

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Mares Da Fin Do Mundo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Mares Da Fin Do Mundo:

Compartir