Cultura A Pobra do Caramiñal

Cultura A Pobra do Caramiñal Páxina da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal para divulgar todas aquelas accións cultu

25/08/2026

🎙️ ESCOLA DE MÚSICA DA POBRA | CURSO 2026/2027 🎶

📋 PRIMEIRO PRAZO DE MATRÍCULA | RESERVA DE PRAZA

A Escola de Música da Pobra abre os días 25 e 27 de agosto, ás 20.00 horas, o primeiro prazo para reservar praza no curso 2026/2027.

📍 Casa da Cultura Raquel F. Soler

A reserva permite:
🔸 Garantir a praza.
🔸 Ter preferencia na escolla de horarios.
🔸 Escoller os horarios por teléfono, sen colas nin esperas.

👁️‍🗨️ IMPORTANTE: os horarios adxudicaranse por rigorosa orde de matrícula unha vez publicados.

📞 Información e contacto – Organistrum
636 342 485
616 901 276
📧 [email protected]

📲 AC ESMU A POBRA
653 296 378
📧 [email protected]

21/08/2026
18/08/2026

🎶 Música, xogos e moito ritmo con María Faltri

Este mércores temos unha nova cita coa cultura na Pobra. María Faltri presenta Picadiscos, unha sesión infantil que transforma a tarde nunha festa participativa para bailar, xogar e pasalo ben en familia.

Música galega de onte e de hoxe, xogos rítmicos, instrumentos, disfraces e dinámicas colectivas darán forma a unha proposta na que pequenas, pequenos e maiores compartirán o protagonismo.

📅 Mércores 19 de agosto
🕣 20.30 h
📍 Cantón da Leña

Picadiscos forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

10/08/2026

🎭 Charlatán Rodríguez chega á Pobra con remedios para todos os males

Este xoves 13 de agosto, ás 20.30 h, Rendos Pequeno presenta Charlatán Rodríguez no Cantón da Leña.

Coa lingua afiada, os instrumentos afinados e un posto de venda ateigado de remedios, o protagonista chega disposto a ofrecer menciñas que o público non necesita a prezos que non pode pagar.

Retranca, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións, laretadas baleiras e contos de impostor forman parte do catálogo deste charlatán, que presume da sabedoría adquirida tras percorrer todos os camiños e, sobre todo, de saber sempre o que a xente quere escoitar.

📅 Xoves 13 de agosto
🕣 20.30 h
📍 Cantón da Leña

10/08/2026

🎪 Sue Moreno presenta 5.0 no Cantón da Leña

O martes 11 de agosto, ás 20.30 h, chega á Pobra 5.0, un espectáculo de Sue Moreno que aborda os cambios, a transformación e o envellecemento con amor e moito humor.

Unha diva que se achega aos 50, un corpo no que se manifesta o paso do tempo e unha pregunta: canto tempo máis pode ser trapecista? A partir desta premisa, 5.0 combina acrobacias aéreas, música e equilibrios, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante).

📅 Martes 11 de agosto
🕣 20.30 h
📍 Cantón da Leña

A función forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Unha nova cita coa cultura este martes na Pobra! 🎭

Dirección

Rúa Gasset, 55
Puebla Del Caramiñal
15940

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Martes 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura A Pobra do Caramiñal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Cultura A Pobra do Caramiñal:

Atajos

Compartir