13/09/2026
Outra gran noticia dun proxecto que medrou en VENTURA.
ADIÓS, RÍOS, de Sebastián Uría, anteriormente desenvolvido baixo o título MIL OURELAS e participante na edición 2022–2023 de VENTURA, foi seleccionado en Alquimias da 71ª SEMINCI – Semana Internacional de Cine de Valladolid, onde celebrará a súa estrea española.
O proxecto recibiu en VENTURA o Premio CORMORÁN VFX (Cormorán VFX) destinado a apoiar o traballo de efectos visuais da futura película. Anos despois, podemos celebrar a súa chegada á pantalla e a súa selección nun dos principais festivais cinematográficos do Estado.
É precisamente esta continuidade a que permite medir o impacto dun programa de desenvolvemento: as películas necesitan anos para escribirse, financiarse, producirse e atopar o seu lugar nos festivais e nas pantallas.
Catro edicións despois, seguimos recollendo os froitos dos proxectos acompañados desde VENTURA e vendo como constrúen os seus propios percorridos.
Parabéns a todo o equipo!
Cine ICAA Axencia Galega das Industrias Culturais