06/10/2026
Rematando setembro, toca mirar atrás e lembrar todo o vivido este verán 🌿
O xa tradicional Campo de Voluntariado de Quiroga, este ano na Fervenza das Polancas , reuniu xuventude, territorio e moitas ganas de contribuír a poñer en valor o patrimonio natural e cultural da contorna. 💚
👥 14 voluntarias e voluntarios, con 8 participantes de orixe internacional
🌱 3 ODS e traballo arredor da Axenda 2030
💧 15 h de acondicionamento da contorna da Fervenza das Polancas
🎓 2 h de formación e 3 h no Xeoparque Montañas do Courel
🥾 2 rutas dixitalizadas para descubrir o territorio
🏛️ 3 visitas para coñecer o patrimonio de Quiroga
🎥 3 vídeos de actividades diarias + 2 vídeos promocionais
📲 18 h de traballo de comunicación
Un campo para coidar o territorio, coñecelo mellor e compartilo, deixando tamén novas ferramentas para seguir poñendo en valor Quiroga. 🌿💙
Grazas ao , a todas as persoas voluntarias e a quen fixo posible esta experiencia. Porque cando a xuventude se implica, o territorio tamén medra. ✨