Cineclube Padre Feijoo

Cineclube Padre Feijoo 📽️Traendo bo cinema a Ourense dende fai máis de 5 décadas. Únete a nós! 💌Faite socio/a/e do cineclube!

Voltamos á sala cunha sesión continua de Filmoteca, coa proxección de 🎥"Magalhães" de Lav Diaz e "La grande bouffe" de M...
14/10/2026

Voltamos á sala cunha sesión continua de Filmoteca, coa proxección de 🎥"Magalhães" de Lav Diaz e "La grande bouffe" de Marco Ferreri!

👉 A sesión comeza co biopic sobre Fernão de Magalhães narrado en tres episodios: a súa expedición a Malaca en 1511; a súa vida en Lisboa en 1513 para financiar a apertura dunha ruta ás Indias polo Pacífico; e finalmente a mesma, a bordo das carabelas, que acabou pagando a coroa española e partiu en 1519.

⏱️Tras un breve descanso de 15 minutos, continuaremos coa historia de catro homes de mediana idade e boa condición social reúnense para pasar a fin de semana nunha vila abandonada. Os obxectivos, o s**o e a degustación dunha sucesión de pratos selectos, parecen advertir sobre un hedonista suicidio en grupo.

⏳Única sesión ás 18h
👉Na Casa da Cultura (rúa Concello 11, Ourense)
🎟️Socias: de balde! / Non socias: 5€
https://fb.me/e/72JAwnirw

11/10/2026

Programación de outubro e novembro! 🎥✨ Rematamos este ano explorando a zona entre a vida e a morte, para facer visible o xeito en que o pasado segue a atormentar o presente. En moitos destes filmes, falar da vida despois da morte tamén é imaxinar formas de reparación: un espazo onde o que quedou sen resolver pode volver, onde se reclama unha débeda, se devolve a violencia ou se restaura dalgún xeito o equilibrio.

Lembrade que hoxe temos unha sesión documental extra no noso salón da Casa da Cultura na rúa Concello, 11..Atención ó ho...
07/10/2026

Lembrade que hoxe temos unha sesión documental extra no noso salón da Casa da Cultura na rúa Concello, 11..

Atención ó horario!!!

Hoxe en Ourense as 18.00 e con acceso de balde, estreamos este docu:

A rebelión da lectura de Alma Alonso e Asun G. Losada (España, 2025) 98 min. Cor. RA 1,85:1 [ND] VOG

https://extracineclubepf.wordpress.com/2026/09/27/a-rebelion-da-lectura/

Chegou a nova da morte de Patricio Guzmán en París, o mestre do documental chileno.👉 Queda unha vida comprometida ca ver...
15/09/2026

Chegou a nova da morte de Patricio Guzmán en París, o mestre do documental chileno.

👉 Queda unha vida comprometida ca verdade e a memoria de Chile e moitas películas que os cineclubes seguiremos difundindo.

Boa viaxe!

El Premio Nacional de Artes de la Representación y Audiovisuales 2023 fallece a los 85 años tras una vida dedicada a preservar la memoria de su país

Onte foi a entrega da 83 Biennale di Venezia
13/09/2026

Onte foi a entrega da 83 Biennale di Venezia

La película danesa Woman Unknown gana el máximo galardón del certamen italiano.

29/08/2026
25/08/2026
09/06/2026

O universo de Marilyn Monroe chega ao OUFF 31! 🎬🌟

No ano en que se celebra o centenario do nacemento deste mito eterno, viaxamos ao Hollywood clásico para renderlle a homenaxe que merece.

Presentamos o noso segundo encontro literario co libro ‘El universo de Marilyn Monroe’. Contaremos coa presenza do xornalista e historiador cinematográfico Jaime Iglesias Gamboa, un dos autores do libro, quen nos ofrecerá unha visión completa sobre esta gran icona do cine.

¡Anota a cita!
📅 Martes, 9 de xuño.
🕖 19:30 h
📍 Libraría Eixo.
🎟️ Entrada libre ata completar o aforo.

Agardámoste para compartir o noso amor polo cine clásico! 🍿👏 Etiqueta ao amigx co que virás!

🤝 O OUFF conta coa , , , , .

Dirección

Rúa Concello 11
Orense

Horario de apertura

Lunes 20:00 - 21:00
Miércoles 17:30 - 18:30
20:30 - 21:30

Teléfono

+34988235946

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cineclube Padre Feijoo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Cineclube Padre Feijoo:

Atajos

Compartir

Categoría