Cinema a Pedal

Cinema a Pedal Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Cinema a Pedal, Esteiro da Foz (P. º Torrente Ballester, 56), Nigrán.

22/09/2026

Amaia Nerekan Umaran e Itziar Zorita, directoras de “Cara de bicicleta”, non chegaron a tempo de acompañarnos na clausura, pero non queriamos quedar sen escoitalas 🚲✨

O seu filme recibiu o Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe pola súa poderosa reflexión sobre a relación histórica entre as mulleres e a bicicleta, o corpo e a liberdade.

Parabéns e grazas por este traballazo, Amaia e Itziar! 💛

Este domingo rematamos a quinta edición de Cinema a Pedal coa fermosa sesión “Pedaleamos por Mauri”, conducida por Sole ...
22/09/2026

Este domingo rematamos a quinta edición de Cinema a Pedal coa fermosa sesión “Pedaleamos por Mauri”, conducida por Sole Emocionaria • Arte e Literatura.

Foi un auténtico gustazo escoitarte, Sole, e poder acoller unha iniciativa tan necesaria, feita desde o agarimo e a solidariedade 💛

22/09/2026

Unha bicicleta pode abrir camiños, tecer comunidade e converter a solidariedade en movemento 🚲💚

Iso foi o que nos demostraron este domingo Moncho Santorio e José Seixo, representantes de e . O seu encontro foi pura inspiración.

Un pequeno percorrido en imaxes por estes dous últimos días de cinema, bicicletas, encontros e moito agarimo 💛Hoxe, ás 1...
20/09/2026

Un pequeno percorrido en imaxes por estes dous últimos días de cinema, bicicletas, encontros e moito agarimo 💛

Hoxe, ás 18 h, vémonos nos Cines Municipais da Ramallosa para despedir xuntas esta edición de Cinema a Pedal con “Pedaleamos por Mauri”.

Aínda nos queda unha última pedalada! 📽️✨🚲

IMOS POLO ÚLTIMO DÍA DE CINEMA A PEDAL! 📽️✨🚲Hoxe despedimos o festival mostrando a cara máis solidaria da bicicleta, a q...
20/09/2026

IMOS POLO ÚLTIMO DÍA DE CINEMA A PEDAL! 📽️✨🚲

Hoxe despedimos o festival mostrando a cara máis solidaria da bicicleta, a que abre camiños, derruba barreiras e pode converterse nunha poderosa ferramenta de transformación social 💛

🕛 Ás 12 h, coñeceremos o labor inspirador de DisCamino e Recycling Bicis Solidarias, dúas iniciativas solidarias conectadas coa bicicleta que traballan pola inclusión, a reutilización e a creación de novas oportunidades. Esta sesión, ademais, incluirá un petisco!

🕕 Ás 18 h, “Pedaleamos por Mauri” incluirá a proxección de “Lost”, a interpretación do contacontos da man da propia autora e a proxección da curta infantil gañadora, “América”. A sesión terá formato de taquilla inversa voluntaria e toda a recadación irá destinada a Mauro.

📍 Cines Municipais da Ramallosa · Centro Comercial Ramallosa (Concello de Nigrán)
🎟️ De balde ata completar capacidade

Para descubrir o poder dunha bicicleta 💛

Palmarés Cinema a Pedal 2026 📽️✨🚲Esta noitiña celebramos a entrega de premios da nosa primeira edición competitiva e est...
19/09/2026

Palmarés Cinema a Pedal 2026 📽️✨🚲

Esta noitiña celebramos a entrega de premios da nosa primeira edición competitiva e estamos moi felices de compartir convosco o palmarés, que quedou do seguinte xeito:

✨ MELLOR LONGAMETRAXE
“3000 km en bicicleta”, de Ivan Vescovo, unha viaxe que é tamén unha busca interior, na que o esforzo físico e a inmensidade da paisaxe se converten no camiño cara ao autodescubrimento do protagonista.

✨ MELLOR CURTAMETRAXE
“Cara de bicicleta”, de Amaia Nerekan Umaran e Itziar Zorita Agirre, un ensaio audiovisual que, con intelixencia e rigor formal, recupera a memoria histórica para reflexionar sobre o control do corpo das mulleres e a súa loita pola liberdade.

✨ MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO
“Historia dunha bicicleta”, de Xoán Fernández Díaz, unha película que confía na mirada máis que na trama e demostra que a exploración pode converterse nunha ferramenta singular dentro do propio acto de narrar.

E o público escolleu:

💛 MELLOR LONGAMETRAXE
“Rodando”, de Mária Castaño

💛 MELLOR CURTAMETRAXE
“Beauty”, de Eduardo Muñoz e José del Corral

💛 MELLOR CURTAMETRAXE INFANTIL
“América”, de Javier Arias-Stella

Parabéns a todas as películas premiadas e moitísimas grazas ao xurado, ás cineastas, á presentadora Vanessa Glemsel e, por suposto, a todo o público que exerceu o seu dereito a voto 😉

Pero aínda non rematou. Este domingo dedicamos a última xornada á dimensión máis social e solidaria da bicicleta 🫶

Vémonos nos Cines Municipais da Ramallosa, no Centro Comercial Ramallosa de Nigrán! ☀️

Cinema a Pedal é posible grazas ao ✨ Concello de Nigrán ✨

E conta coa colaboración de ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨ Frutas Nieves ✨ paraísos de papel ✨ Vanetta® | Productos plant-based ✨ La Pedalería ✨ Decathlon España ✨ Calabizo® ✨ Asante Sana ✨

IMOS POLA CUARTA XORNADA DE CINEMA A PEDAL EN SALA! 📽️✨🚲Hoxe temos un sábado ben completo, con propostas para a cativada...
19/09/2026

IMOS POLA CUARTA XORNADA DE CINEMA A PEDAL EN SALA! 📽️✨🚲

Hoxe temos un sábado ben completo, con propostas para a cativada, libros, conversa, premios e cinema 💛

✂️ 11.00 h · Obradoiro “Paper cinético”

Con Belén Veleiro, a cativada descubrirá os principios da imaxe en movemento e construirá os seus propios xoguetes de cine.
📍 Cines Municipais da Ramallosa

📚 12.00 h · Presentación de “Señoras en bicicleta”

Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos Domínguez recuperan a historia das primeiras ciclistas e da bicicleta como ferramenta de liberdade para as mulleres.
📍 Libraría paraísos de papel

💜 18.00 h · Pedaladas libres

Un encontro sobre cinema, bicicleta e xénero con Alejandra Frechero e Maren Zubeldia, moderado por María Ramos.
📍 Cines Municipais da Ramallosa

🏆 20.00 h · Clausura e entrega de premios

Coñeceremos o primeiro palmarés competitivo de Cinema a Pedal nunha gala conducida pola poeta . Entregaremos os premios do xurado e do público e proxectaremos unha das películas gañadoras.
📍 Cines Municipais da Ramallosa (Centro Comercial Ramallosa)

Os petiscos que acompañarán a xornada están ofrecidos por ✨ Frutas Nieves ✨ Vanetta® | Productos plant-based ✨ Calabizo® ✨ ✨ 𝐋𝐀 𝐂𝐀𝐑𝐋𝐄𝐓𝐀 | 𝐐𝐔𝐄𝐒'𝐄𝐒𝐎 ✨

🎟️ Todas as actividades son de balde

Cinema a Pedal é posible grazas a Concello de Nigrán 💛

HOXE É O ÚLTIMO DÍA PARA VOTAR! 🗳️En Cinema a Pedal, o público tamén decide. Despois de cada sesión, as vosas papeletas ...
18/09/2026

HOXE É O ÚLTIMO DÍA PARA VOTAR! 🗳️

En Cinema a Pedal, o público tamén decide. Despois de cada sesión, as vosas papeletas entran nesta furna para escoller as películas gañadoras dos Premios do Público á Mellor Curtametraxe, á Mellor Longametraxe e á Mellor Curtametraxe Infantil 🏆

Hoxe celebramos as últimas proxeccións da Sección Oficial, así que aínda estades a tempo de vir, descubrir novas historias e apoiar co voso voto as que máis vos emocionen 💛

📍 Cines Municipais da Ramallosa · Centro Comercial Ramallosa
🎟️ Entrada de balde ata completar capacidade

Cinema a Pedal é posible grazas ao ✨ Concello de Nigrán ✨

E conta coa colaboración de ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨ Frutas Nieves ✨ paraísos de papel ✨ Vanetta® | Productos plant-based ✨ La Pedalería ✨ Decathlon España ✨ Calabizo® ✨ Asante Sana ✨ ✨ 𝐋𝐀 𝐂𝐀𝐑𝐋𝐄𝐓𝐀 | 𝐐𝐔𝐄𝐒'𝐄𝐒𝐎 ✨

Onte tivemos un deses días que explican por que queriamos levar Festival Cinema a Pedal tamén a unha sala de cinema 💛Rec...
18/09/2026

Onte tivemos un deses días que explican por que queriamos levar Festival Cinema a Pedal tamén a unha sala de cinema 💛

Recibimos en Concello de Nigrán a Mária Castaño, directora de "Rodando", e a Pedro Nicanor, director de "Se acabó el verano", que viñeron compartir as súas películas co público e conversar sobre elas despois das proxeccións.

E tivemos tamén o primeiro pase da nosa sección de curtas infantís, cun xurado (a cativada) que exerceu o seu labor con enorme responsabilidade e rigor. Aquí os premios do público tómanse moi en serio 😌🎬

E aínda quedan moitas películas e encontros por compartir. Consulta o programa nas historias 📽️✨🚲

📍 Cines Municipais da Ramallosa · Centro Comercial Ramallosa
🎟️ Todas as sesións son de balde ata completar capacidade

Cinema a Pedal é posible grazas ao ✨ Concello de Nigrán ✨

E conta coa colaboración de ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨ Frutas Nieves ✨ paraísos de papel ✨ Vanetta® | Productos plant-based ✨ La Pedalería ✨ Decathlon España ✨ Calabizo® ✨ Asante Sana ✨

Dirección

Esteiro Da Foz (P. º Torrente Ballester, 56)
Nigrán
36370

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cinema a Pedal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir