25/09/2025
✨Jaione Camborda no CGAC ✨
A cineasta Jaione Camborda participa na mostra “Percepción e incerteza” no CGAC, achegando a súa visión a través do cinema, creando unha instalación na que introduce ao espectador no universo perceptivo dunha persoa xordocega e ofrece unha metáfora das infinitas posibilidades e contradicións do mundo cuántico.
📅 Podes visitar a exposición desde o 26 de setembro ás 14:30 h no CGAC (Santiago de Compostela). Esa mesma tarde, ás 18:30 h, haberá unha conversa cos artistas participantes e o comisario, Santiago Olmo.
🔗 Máis información CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea).