Festival de Cine de Roca

Festival de Cine de Roca Festival de cine rural organizado pola Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz.

🏆 PALMARÉS · XIII FESTIVAL DE CINE DE ROCA 🎬🎞️ CATEGORÍA · CURTAMETRAXES NON GALEGAS 🏆 Premio do Público: Habeas Pinho O...
20/09/2026

🏆 PALMARÉS · XIII FESTIVAL DE CINE DE ROCA 🎬

🎞️ CATEGORÍA · CURTAMETRAXES NON GALEGAS

🏆 Premio do Público: Habeas Pinho

O público determinou que Habeas Pinho, curtametraxe de ficción baseada en feitos reais, histórica, poética, musical e de protesta contra a censura no Brasil, se fixese co Premio do Público da XIII edición do Festival de Cine de Roca.

👏 Parabéns a toda a equipa!!

❤️ Moitas grazas por compartir connosco a vosa creatividade e por facer que o cinema siga medrando tamén desde aquí.

🏆 PALMARÉS · XIII FESTIVAL DE CINE DE ROCA 🎬🎞️ CATEGORÍA · CURTAMETRAXES NON GALEGAS 🏆 Premio Deleite: Hauspoa & Tunela ...
20/09/2026

🏆 PALMARÉS · XIII FESTIVAL DE CINE DE ROCA 🎬

🎞️ CATEGORÍA · CURTAMETRAXES NON GALEGAS

🏆 Premio Deleite: Hauspoa & Tunela

O xurado determinou que Hauspoa & Tunela, documental centrado na figura da trikitixa e na súa evolución e consolidación no folclore vasco, se fixese co Premio Deleite da XIII edición do Festival de Cine de Roca.

👏 Parabéns a toda a equipa!!

❤️ Moitas grazas por compartir connosco a vosa creatividade e por facer que o cinema siga medrando tamén desde aquí.

🏆 PALMARÉS · XIII FESTIVAL DE CINE DE ROCA 🎬🎞️ CATEGORÍA · CURTAMETRAXES GALEGAS 🏆 Premio Deleite: Regueifando con prace...
20/09/2026

🏆 PALMARÉS · XIII FESTIVAL DE CINE DE ROCA 🎬

🎞️ CATEGORÍA · CURTAMETRAXES GALEGAS

🏆 Premio Deleite: Regueifando con pracer
👏 Premio do Público: Regueifando con pracer

🎬 Regueifando con pracer fíxose co Premio Deleite, outorgado polo xurado, e tamén co Premio do Público, escollido polas persoas asistentes ao festival.

👏 Parabéns a toda a equipa por unha peza que conseguiu chegar a tanta xente e conectar co xurado e, sobre todo, co público de Roca.

❤️ Moitas grazas por compartir connosco a vosa creatividade e por facer que o cinema siga medrando tamén desde aquí.

Hoxe, despois da proxección de Ao son da nova regueifa, a regueifa sairá da pantalla para facerse palabra, ritmo e impro...
18/09/2026

Hoxe, despois da proxección de Ao son da nova regueifa, a regueifa sairá da pantalla para facerse palabra, ritmo e improvisación.

Contaremos con Manolo Maseda, Pablo López e Almudena Falcón nunha mostra de regueifa en directo. 🎶

📅 Hoxe · 18 de setembro
🕣 A partir das 20:30 h
📍 Igrexa de Roca

RUTA DA AUGA: GUÍAS DO ROTEIRONesta andaina polas paisaxes de Roca, iremos descubrindo a flora, a fauna, os cogomelos e ...
18/09/2026

RUTA DA AUGA: GUÍAS DO ROTEIRO

Nesta andaina polas paisaxes de Roca, iremos descubrindo a flora, a fauna, os cogomelos e outros elementos que forman parte da riqueza natural e cultural do territorio.

Un percorrido para camiñar, observar e coñecer mellor o lugar que nos rodea, da man de Cristina Rodríguez, Lois Santos e Xosé M. Veiga.

Sairemos ás 9:30h desde a Capela de San Alberte. Sede puntuais 😊

Capela de San Alberte: https://maps.app.goo.gl/Q6ro639QhvDKo2468

16/09/2026

📅 SÁBADO 19 ·16:30 h📍Igrexa de Roca
🎬 TODO PODE ESPERAR (2024)
Duración: 1h 27’
Dirección: Borja Casal

🎤🎶 Presentación e coloquio musicado con Borja Casal e César Morán.

Produción: H501 Studio e Einibó Films

16/09/2026

📅 VENRES 18 · 20:30 h📍 Igrexa de Roca
🎬 AO SON DA NOVA REGUEIFA (2025)
Duración: 1 h
Dirección: Manolo Maseda e Saúl Rivas

🎤🎶 Presentación, coloquio e sesion de regueifa posterior con Manolo Maseda, Pablo López e Almudena Falcón Folgueira.

Produción: Undodez

16/09/2026

📅 XOVES 17 · 20:30 h📍 Café Pub SOA

🎬 LA MARSELLESA DE LOS BORRACHOS (2024)
Duración: 1 h 36’
Dirección: Pablo Gil Rituerto

🎤🎶 Presentación, coloquio e concerto posterior co Leo i Arremecághona

Coprodución: Boogaloo Films · Les Films de l'oeil sauvage · · GraffitiDoc
Distribución: Begin Again Films

UNHA HOMENAXE AO BLANCO DE ROCA ❤️José Veres Díaz, máis coñecido como O Blanco de Roca, deixou este mundo o 16 de agosto...
16/09/2026

UNHA HOMENAXE AO BLANCO DE ROCA ❤️

José Veres Díaz, máis coñecido como O Blanco de Roca, deixou este mundo o 16 de agosto de 2018 aos seus 93 anos.

O Blanco non formaba parte de ningunha asociación, pero era, en si mesmo, toda unha institución. Desa clase de persoas necesarias: alegres, xenerosas e sempre dispostas a contar e escoitar; persoas capaces de animar ás veciñas a participar das tradicións, dos entroidos, das festas, das xuntanzas… e, en definitiva, a facer comunidade.

Un verdadeiro precursor do asociacionismo cultural, desde a aldea, desde a base total, na súa Roca querida.

O Blanco participou no Festival de Cine de Roca desde os seus comezos, aló polo ano 2014, e hoxe queremos renderlle unha pequena homenaxe.
En lembranza da súa persoa, presentamos estas camisolas, que esperamos que vos gusten tanto como nos gustan a nós.

Porque máis ca nunca, precisamos persoas coma o Blanco.

👕 Camisola Blanco de Roca 👉 15€ (edición limitada)
👕 Camisola Festival de Cine de Roca 👉 12€

🏆👩‍⚖️ XURADO PREMIO DELEITE | XIII FESTIVAL DE CINE DE ROCA Como xa vos contamos, o Premio do Público (100€+🏆), cortesía...
15/09/2026

🏆👩‍⚖️ XURADO PREMIO DELEITE | XIII FESTIVAL DE CINE DE ROCA

Como xa vos contamos, o Premio do Público (100€+🏆), cortesía da CMVMC de San Xiao de Roca, será determinado polas votacións das persoas asistentes.

Pola súa banda, o Premio Deleite (400€+🏆) contará cun xurado formado por recoñecidas figuras do audiovisual galego, que serán as encargadas de valorar as curtametraxes seleccionadas.

Hoxe presentámosvos as tres persoas que integran o xurado desta XIII edición:

🎬 Carmen Méndez
Carmen Méndez é actriz de cine, televisión e teatro, natural de Baralla. Formada en interpretación e tamén en violín, actuou en series coma Pazo de Familia, Serramoura, Auga Seca, Élite, Valle Salvaje ou Saudade de ti, e en filmes como María Solinha e Tres.
En 2024 debutou na dirección con Pura, curtametraxe documental que acadou o Premio Mestre Mateo á Mellor Curtametraxe en 2025, así coma o Premio Deleite e o Premio do Público na pasada XII edición do Festival de Cine de Roca.

🎬 Melania Cruz
Melania Cruz, nada en Lugo, é actriz de cine, televisión e teatro, formada na ESAD de Galicia. Cofundadora de IlMaquinario Teatro e impulsora de A Quinta do Cuadrante, conta cunha ampla traxectoria no audiovisual galego. Participou en filmes como Dhogs, Trote, Arima, Ons ou Malencolía, e en series como Serramoura, Viradeira ou Rapa. Entre os seus recoñecementos destacan varios Premios Mestre Mateo, un María Casares e o Premio da Cultura Galega de Artes Escénicas en 2022.

🎬 Manuel A. Espiñeira
Manuel A. Espiñeira é director/realizador audiovisual cunha longa traxectoria na televisión galega. É nativo de Guitiriz e dirixiu series como Padre Casares, Serramoura, A vida Por Diante, Lobos e Cordeiros e Saudade de ti, ademais de dirixir a TV movie Vacas, porcos e zapatos de tacón. Os seus traballos en A Vida Por Diante e Padre Casares, foron recoñecidos cos Premios Mestre Mateo á mellor realización.

Asoc C. Xermolos

Dirección

Roca
Guitiriz
27300

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festival de Cine de Roca publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Festival de Cine de Roca:

Atajos

Compartir

Categoría