27/11/2025
Moitas grazas á Fundación Rodolfo Prada e á de Cultura e ao Xurado por este recoñecemento, ao que chegamos con enorme ilusion.
Para Bolborestas Xestion Cultural x estores de FICAR EMTRIMOl, poñer en marcha o Festival de Curtametraxes e Arte FICAR Entrimo foi sempre unha aposta sincera, nacida do entusiasmo e do altruísmo.
Queremos agradecer especialmente ao , que desde o primeiro momento confiaron en nós e nos brindaron o seu apoio a algo que parecía imposible .
Cremos fondamente que a cultura e a arte son unha linguaxe universal: unha ponte capaz de unir, mesturar e respectar todas as expresións, sexan locais, rexionais, nacionais ou internacionais. Esa é a esencia que nos move.
FICAR —ficar, quedar— nace coa intención de atraer cultura ao mismo tempo atraer tamen nova vida ao rural, de habitalo, de dar visibilidade á xente de Entrimo e a todas os concellos que conforman o entorno privilexiado que é o Parque do Xurés. Queremos proxectar ao mundo a riqueza da nosa comarca e dos seus concellos: Entrimo, Lobios, Lobeira, Muiños, Bande e Calvos de Randín, así como do xeodestino Celanova–Xurés. Territorios ás veces esquecidos, pero cheos de recursos, beleza e talento.
FICAR é, sobre todo, un reclamo cultural para o rural. Unha declaración de que estes lugares, que ás veces parecen silenciosos, teñen voz, teñen vida e un profundo desexo de compartir. E, sobre todo, a grande virtude de acoller.
Larga vida ao FICAR!