Invernada de Cine

Invernada de Cine Da man do cine, do teatro, dos documentais, dos contos… acompáñanos a compartir as tardes de inverno

E así foi como esta edición da invernada chegou ao seu fin! Con música e alegría despedímonos ata a próxima, pronto cheg...
22/12/2025

E así foi como esta edición da invernada chegou ao seu fin! Con música e alegría despedímonos ata a próxima, pronto chega o novo ano e con el a ilusión de poder seguir cavilando en proxectos coma este, co cal sentímonos moi agradecid@s de poder contar con vós e que tarde tras tarde desfrutemos na vosa compañía 😄

Mención especial para o noso amigo Jesús Rodríguez Rodríguez que veu cargado co riquísimo pan e queixo de Friol e co mel do Empalme para rematar a tarde cunha gran merenda 😋

Gracias a tod@s por vir a Cabreiros, vémonos axiña 😊

XIII INVERNADA DE CINEMañá sábado 20 de decembro, agardamos por vós para despedir esta invernada e pasar unha gran tarde...
19/12/2025

XIII INVERNADA DE CINE

Mañá sábado 20 de decembro, agardamos por vós para despedir esta invernada e pasar unha gran tarde na compañía de Os Jalochos e “A landra viaxeira e o amigo lambón” 🎶 🎉

Vémonos ás 18:30, na casa-escola en Cabreiros, non faltedes!

XIII INVERNADA DE CINEEste próximo sábado 20 de decembro despedimos a invernada 🥳 Farémolo cun espectáculo de Os Jalocho...
16/12/2025

XIII INVERNADA DE CINE

Este próximo sábado 20 de decembro despedimos a invernada 🥳

Farémolo cun espectáculo de Os Jalochos, para público de 0 a 100 anos, que chegan a Cabreiros coa súa viaxe musical na procura de festa, coa Landra Viaxeira e o Amigo Lambón!

Nen@s e maiores, vide tod@s, imos pasar unha tarde xenial 😎

Vémonos ás 18:30 na casa-escola, en Cabreiros ✔️

Gracias a tod@s por acompañarnos outro sábado máis! Un luxo compartir unha tarde estupenda e seguir aprendendo da nosa m...
15/12/2025

Gracias a tod@s por acompañarnos outro sábado máis! Un luxo compartir unha tarde estupenda e seguir aprendendo da nosa memoria e da nosa historia 😄

XIII INVERNADA DE CINEPresentación do libro “A morte nas fragas” e do documental “Os fíos da memoria” Mañá, sábado 13 de...
12/12/2025

XIII INVERNADA DE CINE

Presentación do libro “A morte nas fragas” e do documental “Os fíos da memoria”

Mañá, sábado 13 de decembro, ás 18:30 na casa-escola en Cabreiros!

XIII INVERNADA DE CINELogo dun pequeno descanso e duns días festivos de desconexión este próximo sábado volvemos a ter t...
09/12/2025

XIII INVERNADA DE CINE

Logo dun pequeno descanso e duns días festivos de desconexión este próximo sábado volvemos a ter tarde de invernada!

Imos coa recta final deste 2025 e tamén desta edición, e para iso contaremos coa presentación do libro “A morte nas fragas” que narra a historia de violencia e resistencia da Galicia rural entre 1936 e 1950. Tamén para completar a presentación proxectarase o documental “Os fíos da memoria”

Agardamos por vós este sábado 13 de decembro ás 18:30, na casa-escola en Cabreiros 😁

Onte voltamos á década dos oitenta da man de Xorima.Un pracer drisfrutar da presentación Proxecto Xorima: libro, documen...
23/11/2025

Onte voltamos á década dos oitenta da man de Xorima.
Un pracer drisfrutar da presentación Proxecto Xorima: libro, documental, charla e música. Un cóctel perfecto para unha xornada máis da Invernada de Cine 😁

Traballo de 10 coma sempre 👏🏻👏🏻😁😁
22/11/2025

Traballo de 10 coma sempre 👏🏻👏🏻😁😁

XIII INVERNADA DE CINEMañá, sábado 22 de novembro, ás 18:30 tarde de invernada co Proxecto XorimaVémonos na casa-escola,...
21/11/2025

XIII INVERNADA DE CINE

Mañá, sábado 22 de novembro, ás 18:30 tarde de invernada co Proxecto Xorima

Vémonos na casa-escola, en Cabreiros 🗓️ ✔️

Tráiler da curtametraxe documental Xorima.O documental está enmarcado no Proxecto Xorima, un proxecto transmedia en colaboración co Instituto de Estudos Chai...

XIII INVERNADA DE CINEEste próximo sábado continuamos co programa da invernada e contaremos co Proxecto Xorima para visi...
18/11/2025

XIII INVERNADA DE CINE

Este próximo sábado continuamos co programa da invernada e contaremos co Proxecto Xorima para visionar o documental que conta a historia do grupo de música folk fundado nos anos 80.
Estarán con nós a directora do documental, Alba Sofía Naseiro, así como o autor do libro da historia do grupo, Paulo Naseiro, un dos seus membros e fundador, Xosé Ramón Vázquez Carreira e a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.

Vémonos este sábado 22 ás 18:30, na casa-escola en Cabreiros, agardamos por vós 😁



https://proxectoxorima.com/

Dirección

O Chao, Cabreiros (Xermade)
Cabreiros
27834

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Invernada de Cine publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Invernada de Cine:

Compartir

Categoría